Esta actividade está dirixida
ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da
Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e
da Administración institucional, da Administración local, da Administración de
xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Desenvolvemento:
Data: xoves 20 de xaneiro de
2022.
Modo de impartición:
telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00
horas.
Duración: 2 horas lectivas.
O funcionamento básico da
plataforma de telepresenza require que cada alumno/a dispoña dos seguintes
compoñentes:
1. Computador de escritorio,
portátil ou smartphone.
2. Conexión estable á
internet.
3. Navegador web Google Chrome
ou Mozilla Firefox nas últimas versións.
4. Altofalantes (se o monitor
ou equipamento non dispón deles).
Número de prazas:Cen (100).
Inscrición:
1. As solicitudes de participación
nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de
matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.
As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente
o proceso de matriculación.
2. As persoas interesadas
deberán seleccionar primeira a área en que está integrada esta actividade
(Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e
despois seleccionar en nome do curso: webinario O reto da COVID-19 na xestión
de persoal nas universidades públicas.
3. O prazo para inscribirse estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 17 de xaneiro de 2022.