O 15 de novembro publicouse a
resolución pola que se resolvía a convocatoria de provisión temporal entre
titulares mediante substitución ofertada o día 9 do mesmo mes. Nesta
convocatoria, unha funcionaria titular do corpo de tramitación do xulgado de
primeira instancia nº 6 de Ferrol foi seleccionada por substitución vertical e
tomou posesión o día 24 de novembro no servizo común de notificacións e
embargos da mesma localidade.
Este sindicato tivo
coñecemento que a Letrada da Administración de Xustiza deste xulgado, realizou
a petición mediante a aplicación Opax en canto tivo coñecemento da devandita
ausencia, dada a urxencia coa que se necesita.
O xulgado de primeira
instancia nº 6 de Ferrol é un órgano especializado en familia, é dicir con
temas moi singulares e extremadamente delicados dada a súa natureza.
O persoal deste órgano
xudicial non pode facerse cargo a maiores de todos os asuntos que recaían neste
posto de traballo que actualmente está sen cubrir. Non ten sentido que cando se
produce unha adxudicación entre titulares non se cubra automaticamente por
persoal interino, e menos cando a Letrada do órgano xudicial afectado xa
realizou a petición con tempo suficiente.
É totalmente imprescindible e
urxente o nomeamento dun tramitador/a procesual e administrativo para o Xulgado
de Primeria Instancia nº 6 de Ferrol para que non supoña un atraso no trámite
dos procedementos, que prexudica aos profesionais e público en xeral.
Por todo isto, SOLICITAMOS noméese con carácter urxente persoal
interino para a praza do corpo de tramitación procesual e administrativa del
Xulgado de Primeria Instancia nº 6 de Ferrol.
Xustificante