STAJ reitera NOVAMENTE a
DXX a petición da necesidade URXENTE dun nomeamento dun reforzo do
corpo de TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA para o REXISTRO CIVIL DE
RIBEIRA.
Con data 13/11/2021 foi cesada
no Rexistro Civil de Ribeira a
funcionaria de reforzo do corpo de
tramitación procesual e administrativa Dª. María del Carmen Fernández Reboredo,
dita funcionaria levaba nomeada desde o 14/11/2018, e foi cesada pola política
actual da Dirección Xeral de Xustiza, que actualmente cesa a todos os reforzos
o día anterior a cumprir os 3 anos de contrato. Esta situación está a levarse a
cabo en todos os partidos xudiciais con reforzos nomeados.
Hai que poñer de manifesto que
esta praza de reforzo do Rexistro Civil de Ribeira xa foi ocupada por outro
interino de reforzo anteriormente, é dicir, leva máis de 11 anos ocupada por
persoal interino de reforzo.
O Rexistro Civil de Ribeira
depende do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº1 da devandita
localidade. O persoal do xulgado nº1 está composta por 2 xestores, 4
tramitadores e 2 auxilios. Dentro destes 4 tramitadores atópase a persoa
encargada en exclusividade do Rexistro Civil, D. José Antonio Briones Blanco. É
inasumible que unha soa persoa poida facer fronte ao traballo do Rexistro Civil
dun partido xudicial como Ribeira, cuxa poboación a data do 2020 segundo o INE
ascende a 26.848 habitantes (máis do dobre de partidos xudiciais como Ordes,
Padrón ou Noia).
Este
reforzo de tramitación do Rexistro Civil é unha necesidade estrutural, non só é
necesario durante un momento ou período de tempo determinado, vai necesitar ao
longo do tempo.
Así pois, volvemos a insistir na urxencia desde nomeamento, e o sindicato Staj reitera a petición efectuada o día 22 de novembro, e solicita que de forma urxente sexa nomeado novamente o reforzo do corpo de tramitación procesual e administrativa do Rexistro Civil de Ribeira.
Reiteración Reforzo Rexistro Ribeira