Dende
o 1 de novembro, o Xulgado Mixto Núm. 1 e o Num. 3 deixaron de contar con funcionarios
interinos que tiñan nomeados, toda vez que, aprobaron as oposicións, e teñen
que deixar o seu posto para incorporarse a plaza adxudicada, polo que a praza
quedará valeira e sen persoal que realice o seu traballo.
Este
sindicato tivo coñecemento de que polos Letrad@s da Administración de Xustiza
do Xulgado Mixto Núm. 1 e do Xulgado Mixto Num. 3 de Carballo procedeuse
segundo o acordado no art. 19.2 da ORDE do 4 de
outubro de 2018 formulando a correspondentes peticións de persoal interino
a través do OPAX.
Por
todo o exposto informamos a esa Dirección
Xeral de Xustiza da situación dos
xulgados e SOLICITAMOS que se nomee de forma urxente
funcionarios interinos para as plazas que quedaron valeiras nestes xulgados
a maior brevidade posible, dadas as circunstancias mencionadas.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras