STAJ reitera NOVAMENTE a DXX a petición da necesidade dun nomeamento dun reforzo na praza do corpo de AUXILIO XUDICIAL e a cobertura inmediata dun posto de TRAMITACIÓN –interino- que desenrolaba o seu traballo na oficina de Civil e que recentemente aprobou as oposicións causando baixa no xulgado de primeira instancia e instrución de ARZÚA.
Así pois, volvemos a insistir en que o Xulgado mixto único de Arzúa trátase dun xulgado que ten como competencias ámbito civil e ámbito de instrución, que é un xulgado Decano, que está de Garda tódolos días do ano, implicando que o compañeiro de Auxilio Xudicial non ten substituto natural por existir unha única praza de Auxilio Xudicial no xulgado, estando permanentemente de garda.
Actualmente realiza as funcións de gravación de
vistas, realización de videoconferencias, arquivo xudicial, correo e Rexistro
Civil, funcións que, de xeito evidente, supoñen unha sobrecarga de traballo
dificilmente asumible por unha única persoa.
Como ben diciamos no noso escrito son moitas as circunstancias
actuais deste órgano xudicial que acreditan a necesidade do urxente nomeamento
dun/dunha funcionario/a do Corpo de Auxilio Xudicial, entre as que volvemos a
reiterar:
- Unha carga de
traballo “excepcional” debido á peculiaridade de que existen no partido
xudicial 5 residencias de maiores e un Sanatorio Psiquiátrico, e asi o fixo constar no informe emitido polo
Consello Xeral do Poder Xudicial trala inspección realizada o pasado mes de
marzo, no que plasmou a urxente necesidade de provisión de máis persoal para
facer fronte á carga de traballo observada.
- Unha Axenda de
Sinalamentos que se atopa saturada, na que resulta fundamental a figura do
Auxilio Xudicial na gravación das vistas e da xestión do equipo de
videoconferencia.
O máis gravoso, e foi
recalcado no noso anterior escrito, e
que no pasado mes de setembro o xulgado viuse na obriga de suspender os
xuízos de varios días debido a que o Xulgado non dispuña dun funcionario de
Auxilio Xudicial para poder gravar os xuízos sinalados. Esas suspensións
ocasionaron malestar entre partes, profesionais, testemuñas e peritos citados
que, nalgún caso, cristalizou coa interposición das correspondentes queixas a
través da caixa de correo do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Todo o anteriormente exposto, non é novo xa que STAJ, en data 27 de setembro de 2021, FAINO PÚBLICO NUN
ARTIGO PUBLICADO NESTE BLOG, TRANSMITINDOLLO ADEMAIS NUN ESCRITO PRESENTADO Á
DXX e do cal poñemos o enlace STAJ- Reforzo Arzúa .
Que se repita a situación anteriormente referida é
máis que previsible, dado que o titular de auxilio xudicial solicitou novo
período de vacacións/permisos para os vindeiros meses de decembro e xaneiro e,
aínda que non se trata dunha circunstancia sobrevida senón previsible, de
continuar a actual inactividade da Dirección Xeral de Xustiza é máis que
probable que o órgano xudicial se vexa novamente colapsado e obrigado a
suspender xuízos e outras actuacións ante a falta de funcionario de Auxilio
Xudicial, a situación creada agrava máis aínda o problema do referido Xulgado
en menoscabo do servizo prestado á cidadanía.
Xustificante-reiteracion-reforzo