A día de hoxe o papel cero é unha quimera.
Tratar de obvialo conleva os problemas que se plantexaron noutras localidades.
O exemplo máis recente atopámolo nos Xulgados de Tui, onde se ven obrigados a utilizar os arquivos do
antigo edificio ao non dispoñer o novo de espazo suficiente.
O mesmo
problema reproducirase na Cidade da Xustiza de Vigo; o espazo destinado para
arquivos é insuficiente. Proxéctase un inmoble pensando que o papel non existe
cando vimos mais dunha vez fotos na prensa dos procedementos acumulados nos
corredores por non dispoñer de espazo nos arquivos.
En Tui o
problema púidose mitigar coa boa vontade do Corpo de Auxilio e cuns carriños da
compra que se utilizan para visitar as vellas instalacións todas as veces que
sexa preciso.
A
distancia real entre a nova Ciudad da Xustiza e a Rúa Lalín número 4 (sede dos
actuáis xulgados) son 2 quilómetros con
multitude de semáforos peonís. Cremos
que unha das solucións , e non esperar a que xurda o problema , sería a “
valija” xa imposta na cidade da Coruña.
Que cada
órgano xudicial poida utilizar unha aplicación informática para solicitar os
procedementos arquivados que necesite e despois devolvelos da mesma maneira
para así ter un maior control dos asuntos.
Tamén é certo que para que o sistema de “
valija “ funcione precísase unha organización nos actuais arquivos da Rúa
Lalín, os cales serían os encargados de recibir as peticións de procedementos,
sacalos do seu lugar no arquivo e unha vez devoltos recolocalos.
Por todo iso desde STAJ interesamos que se
dote aos arquivos da Rúa Lalín dos arquiveiros necesarios e que se adopten as
medidas precisas a fin implantar un sistema de “ Valija” que mitigue os
problemas que conlevará a falta de espazo para arquivos na Nova Ciudad da
Xustiza de Vigo.
O que
non podemos pretender é que os funcionarios do corpo de auxilio xudicial ,
ademais de atender ás súas funcións diarias asuman a obrigación de vir e volver
cantas veces for necesario ao arquivo de documentos xudiciais así como ao de
pezas de convicción coa consecuente perda de tempo e desatención das súas
obrigas.