miércoles, 17 de noviembre de 2021

A Xunta licita nos seus orzamentos unha partida para a dixitalización e expurgo de expedientes xudiciais

Dende STAJ vimos denunciando o estado dos arquivos de varios partidos xudiciais de Galicia; entre eles e de destacar o arquivo dos Xulgados de Carballo. 

Pois ben, logo de denuncialos en varias ocasions, xuño e agosto en este ano, a Xunta de Galicia ben de aprobar en materia de modernización tecnolóxica unha partida economica nos orzamentos do proximo ano, e está a concretarse o novo Plan Senda 21-25 para seguir consolidando e actualizando a dixitalización da Xustiza galega, cun investimento total de 50 millóns de euros; a catalogación, dixitalización e expurgo dos arquivos xudiciais (987.000 euros) ou a inclusión de 2 millóns do plan plurianual para a renovación de equipamento e mobiliario dos arquivos e oficinas xudiciais. Desta maneira, a Xunta rematará o vindeiro ano o proxecto de dixitalización e a implantación de sistemas de videoconferencia en todos os xulgados galegos.

STAJ esixe a DXX que a maior brevidade posible proceda a distribuir as partidas entre os diferentes partidos xudiciais e arranxar dunha vez por todas este problema tan grande que existe nas dependencias xudiciais, e que retrasa considerablemente os traballo ordinario dos xulgados.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras