martes, 24 de agosto de 2021

STAJ esixe a DXX actuacións inmediatas nos Xulgados de Carballo

En anteriores datas STAJ ven de denunciar a situación dramática dos arquivos xudiciais de Carballo os cales están en unha situación de abandono absoluto. 

Agora non so son os arquivos os que están en total abandono, senón que ademais as propias oficinas xudiciais encóntranse completamente desbordadas de expedientes amontoados uns enriba dos outros.

A solución está na contratación por parte da Dirección Xeral de equipos de expurgo especiais que se dedican á realización destes traballos, como xa fixeron no Xulgado de Corcubión 2, nos arquivos de Ferrol, no Arquivo territorial da Coruña, nos Xulgados de Monforte, nos de Vilagarcía,…

Tamén deberíanse enviar a estes xulgados medios materiais para a colocación e clasificación dos expedientes xudiciais. O Xulgado Mixto Núm. 1 de Carballo está a espera dende fai moito tempo do envío de estanterías que solicitaron no seu dia.

Esta situación lamentable ven de traer a súa primeira vítima. A semana pasada unha funcionaria tropezou cunha caixa de expedientes provocando a su caída. Gracias a divindade non sufriu lesións graves, pero, ¿Que é o seguinte: un esguince, unha fractura, unha rotura…?

¿Que se ten que facer para que dende a DXX se decida a resolver este problema de almacenamento e expurgo?

Para maior inri, o tres Xulgados de Carballo, so contan cun funcionario de auxilio xudicial cada un, que ten que atender todas as obrigas do seu posto, cun esforzo maior, toda vez que, co aumento de realización de videoconferencias, produciuse un aumento no seu traballo, polo que as funcións destes funcionarios vense sobreinfladas, e con elo, a imposibilidade de realización completa de todas elas.

Ademais, dende o 1 de setembro, o Xulgado Mixto Núm. 3 deixará de contar co auxilio xudicial interino que tiña nomeado, toda vez que, este ultimo aprobou unhas oposicións, e ten que deixar o seu posto, polo que a praza quedará valeira e sen persoal que realice o seu traballo.

Por todo isto, dende STAJ ESIXIMOS a DXX que INMEDIATAMENTE SE PROCEDA O NOMEAMENTO DUN FUNCIONARIO DE REFORZO PARA O DECANATO DE AUXILIO XUDICIAL para a substitución dos auxilio xudiciais dos tres xulgados de Carballo, para a axuda nas realizacións de videoconferencias, e para calquera outra tarefa que se lle encomende dentro das súas funcións e que se entenda necesaria para o mellor levar dos xulgados mixtos do partido xudicial.

Asimesmo dende STAJ apoiamos a solicitude remitida pola LAJ do Xulgado Mixto Núm. 3 de Carballo, remitida en varias ocasións, na que pide a concesión dun reforzo para a actualización do xulgado e  a eliminación do atraso que leva dende fai moitos anos.

STAJ esixe a concesión dun reforzo dun funcionario de tramitación procesual ou xestión procesual polo tempo que sexa necesario para a actualización deste xulgado e a eliminación do atraso producido polas diferentes ocasionalidades destes últimos anos.

Escrito a DXX solicitando reforzos

Escrito a DXX solicitando a actuación nos arquivos

Denuncias anteriores

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras