martes, 24 de agosto de 2021

STAJ informa. Publicado na Intranet comunicado sobre melloras no Minerva.

Estase a implantar a nova versión de Minerva nos Xulgados de toda Galicia de xeito progresivo. A versión 6.4.4.0. introduce novas funcionalidades na consulta, xestión e nas Oficinas de Rexistro e Reparto. Poderás ver estas novidades cando a versión estea actualizada no teu órgano.

Ø  OFICINA DE REXISTRO E REPARTOS:

  •       A nova versión permíteche a consulta do expediente asociado a través de Registro - Revisión de asuntos/escritos. Se o procedemento ten expediente asociado, ao premer no botón “Expt. Adm” podes consultar os documentos.

·        Engádese un novo control no envío de asuntos que teñan escritos asociados e xeren carátula de rexistro, para que non se realice o envío se o ficheiro de carátula de rexistro non se copia correctamente por problemas de conexión. Nese caso, a aplicación amosará un aviso ao usuario. 


·          A nova versión de Minerva permíteche recuperar o número de rexistro a través de “Tramitación” – “Aceptación de Asuntos”, no caso de devolucións por inhibición remitidas polos Órganos de Rexistro e Reparto aos Xulgados.

·          Poderase asignar o NIG de macrocausas ao procedemento que se estea rexistrando, tanto manual como automático. Habilitase o botón para visualizar e seleccionar o NIG da macrocausa.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras