O sindicado STAJ reclama da Dirección Xeral de Xustiza á atención de cara os xulgados únicos de cabeceira de partidos xudiciai, que son os grandes olvidados xunto coa xustiza de Paz.
É o caso do Xulgado de primeira
instancia e instrucción de Ortigueira. Despois de presentar STAJ recentemente, no mes de xuño
escrito solicitando a creación dunha praza de reforzo do corpo de tramitación
para ese xulgado, agora temos coñecemento que o funcionario Xestor –interino- que desenrolaba
o seu traballo na oficina de Civil aprobou recentemente as oposicións causando
baixa no xulgado, e un dos tramitadores encóntrase de baixa por IT; asemade o
outro tramitador está a disfrutar de vacacións.
STAJ exponía no anterior escrito á DXX que dito xulgado xa necesitaba un reforzo, e que actualmente e con as circunstancias antes expostas
é claro que é moito máis necesario e urxente o nomeamento do mesmo.
Polo que:
STAJ reitera á DXX petición de nomeamento de un funcionario de reforzo para o Xulgado mixto de Ortigueira, tendo en conta as circunstancias estructurais do Xulgado (plantilla claramente deficitaria respecto a outros xulgados do mesmo orde) e nova situación creada que agrava máis o problema do referido Xulgado en menoscabo do servizo prestado á cidadanía.
ESCRITO