Dende o ano 2015 nos partidos xudiciais que contan con un ou dous xulgados as funcións de rexistro e repartición telemática de asuntos dentro do seu partido xudicial son realizadas por unha persoa en prolongación de xornada e de xeito voluntario, e só afectaba aos asuntos civís, quedando excluidos os asuntos penais que se seguian rexistrando polos funcionarios do xulgado decano como viñan facendo ata entón, non era obrigatorio a súa presentación e rexistro telemático, pero iso cambiou co tempo, e despois duns meses a presentación e rexistro telemático afectou tamén aos asuntos penais.
Na actualidade na inmensa maioría dos partidos xudiciais que contan con dous xulgados (Ordes- Noia- Corcubión- Padron- Mondoñedo-Monforte- Vilalba- Viviero- O Carballiña- Verín- O Barco de Valdeorras- Redondela-Caldas de Reis- Marín- Lalín e A Estrada) á persoa que de xeito rotativo e voluntario e mediante prolongación de xornada se ocupa do rexistro e repartición telemática dos asuntos civís e penais, non lle chega a hora de media que ao día ten para dedicarlle a esa labor, véndose obrigada a quedar mais tempo que a hora determinada pola prolongación de xornada que lle retribuen, empleando moitas veces o dobre do tempo estipulado, exceso de tempo que non se lles retribúe.
En base ao exposto, o STAJ solicita que naqueles xulgados de partidos xudiciais con dous órganos xurisdicionais
nos que se estan realizando funcións voluntarias de rexistro e repartición
telemática de asuntos mediante prolongacións de xornada por quendas dunha soa
persoa ao mes, se designen quendas de dúas persoas, pagándolles a cada unha
delas unha prolongación de xornada mensual, co gallo de que poidan realizar
estas funcións sen necesidade de dedicarlle mais tempo que o regulado e que non
se lle retribue.