As persoas seleccionadas só
poderán renunciar á actividade formativa:
-Por causa de forza maior
suficientemente acreditada.
-Por necesidades do servizo
debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.
-Por razóns de conciliación
familiar.
-Por outras causas
xustificadas documentalmente.
Cursos
TELEFORMACIÓN: A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días naturais anteriores ao inicio da
actividade formativa.
Proba
de Avaliación do programa de AUTOFORMACIÓN: Neste
caso, a renuncia debe serlle comunicada por
escrito á EGAP cunha antelación
mínima dun mes á data de realización da proba.
Na páxina web da EGAP está
dispoñible un modelo de renuncia.
Para isto pódese utilizar,
alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236,
do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
Penalización: As persoas que incumpran o previsto anteriormente pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.