viernes, 10 de septiembre de 2021

STAJ solicita a DXX habilitar un aparcamento no edificio xudicial de Tui.

O 17 de novembro de 2019 Tui estreou o seu novo edificio xudicial cun  investimento próximo aos tres millóns de euros e 1.500 m2, o cal non conta con prazas de aparcamento a pesares de atoparse no centro da cidade.

A falta de prazas no centro non se solucionou nin coa controvertida medida de permitir o uso de leiras, nas que as comisións de festas das distintas parroquias fan caixa, nin se arranxará  coa  adxudicación este ano polo Concello  do primeiro aparcamento subterráneo público cun total de 298 prazas a un prezo de 1,41 euros hora. Isto conleva a supresión do aparcamento gratuíto no centro urbano que ata agora se viña usando de forma habitual. Iso sí,  quen veña a traballar a cidade e precise aparcar custaralle, durante a xornada de traballo,  11 euros o día.


Sin embargo o edificio xudicial conta con espazo  ao aire libre totalmente pechado cun portalón de acceso. Este sería suficiente para aparcar dez vehículos, permitindo, aínda  así, o acceso e maniobrabilidade dos furgóns policiais pola porta traseira para o traslado de detidos aos calabozos, ás salas de vistas e a todas aquelas dilixencias judiciais que sexan precisas.

A día de hoxe este lugar atópase totalmente cheo de maleza, dando  a sensación de abandono. Debido ao seu desaproveitamento, é necesario proceder á súa limpeza de forma periódica como así o esixen as Ordenanzas munipais, producindo   un desembolso económico  ano tras ano. Neste momento só serve para que os cidadáns, que acuden as oficinas xudiciais, pregunten con cara de extrañeza   quen é o propietario e porque non lle obrigan a  rozar. Pero  un investimento mínimo consistente en substituír a zona de maleza por un solado de formigón ou pedra poderíase facilitar o aparcamento diario a un terzo do persoal xudicial, que diariamente acode á devandita sede, e así  evitar a deambulación polo centro urbano en busca de aparcamento coa consecuente perda de tempo e molestias para todos.

Por todo o anterior solicitamos que se proceda a  dar inicio o trámite correspondente a fin sanear e de habilitar o devandito espazo para ser ocupado como prazas de aparcamento  dentro da sede do edificio xudicial e ser utilizado polos traballadores da administración de xustiza.


Ver escrito dirigido a DXX

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras