lunes, 13 de septiembre de 2021

Nova Convocatoria para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga)

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

Obxecto. Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4 no ano 2021, con código de procedemento administrativo PL500C.

Persoas destinatarias. As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. Datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis. As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Presentación de solicitudes: Deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal as persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As solicitudes presentaranse: preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal opcionalmente poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles (15 días hábiles), que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras