Hoxe mandamos escrito á Dirección Xeral de Xustiza á quen reponsabilizamos do deterioro do servizo, da atención ao publico e na dilación do tempo de resposta na resolución de expedientes do rexistro civil de Vilagarcia, si pola súa irresponsabilidade o xulgado obriga, como ten xa decidido, a unha funcionaria destinada no rexistro civil a tramitar tres días a semana asuntos da xurisdicción civil e os outros dous días a levar a atencion ao publico e a tramitación de expedientes no rexistro civil.
Esta situación, a que se vai ver forzada esta funcionaria e que non ten parangón en ningún sitio de Galicia, non resolve o problema de falta de persoal e crea disfuncións importantes, a situación solo se resolve coa designación dunha persoa de reforzo, que axudaría a sacar o tremendo atasco nos asuntos penais e civís do xulgado, sen merma na calidade do servizo que presta o rexistro civil.
Deixamos o literal do escrito:
Dende fai máis de dez anos este sindicato estivo a solicitar persoal de reforzo para o tres Xulgados de Vilagarcia, ao marxen do rexistro civil que que xa leva 16 anos contado contando cunha medida de reforzo que segue sendo imprescindible para o seu bo funcionamento, pois carga de traballo que soporta ese rexistro civil fai imposible que se leve por unha sola persoa sen merma grave da atención aos cidadáns.
Lembramos o erro cometido pola Dirección Xeral de Xustiza ao empecinarse en consolidar a anterior reforzo do rexistro civil de Vilagarcia nunha nova praza no Decanato, aínda despois de que por este sindicato se lle avisase varias veces dese desatino e da necesidade da consolidación no xulgado nº 2 para o seu destino no rexistro civil desa localidade.
Asi as cousas, hai un par de meses a meses a Dirección Xeral, por fin, decide nombrar un reforzo a cada un dos xulgados de Vilagarcia, decisión que a preguntas de STAJ foi confirmada na Mesa Setorial de Interinos polo propio Director Xeral, a expensas do informe da Secretaria de Goberno do TSXG. A sorpresa salta hai dúas semanas cando se designan reforzos para os xulgados 1 e 3 desa localidade e non se designa para o xulgado nº 2, sen que mediase motivo coñecido, nin tampouco explicación algunha por parte da Dirección Xeral.
Dende STAJ cremos que deixar ao xulgado nº 2 sen un novo reforzo é un erro gave que vai pagar a cidadaía do Partido Xudicial, porque resulta tan necesario como non outros dous xulgados, e non pode a Administración excusarse en que nese xulgado xa contan cun reforzo, pois ese reforzo foi designado para o rexistro civil onde é imprescindible que siga de xeito exclusivo para o mantemento do servizo nas mellores condicións e sen retrasos, non se pode olvidar que estamos a falar da oitava cidade de Galicia por poboación e onde o servizo publico do rexistro civil conta con volumen de traballo imposible de levar a cabo por unha sola persoa, e como exemplo, da alta carga de traballo, cónstanos que no que vai de ano tramitáronse nese rexistro civil 412 expedientes, o que nos leva a pensar que se pode rematar o ano con cerca de 700 expedientes incoados.
Non é menos importante o retraso, do xulgado nº 2, na tramitación de expedientes tanto penais como civís, sendo nesta última xurisdicción onde o atasco é xa insostible. Non imos a repetir aquí a estatística deste xulgado, que nos consta coñece ben a Dirección Xeral, pero os números de asuntos pendentes dan medo, polo que igual que se necesita unha persoa mais nos outros dous xulgados é vital que se designe un reforzo para o xulgado nº 2, que axude a paliar o retraso e o atasco que se sufre na tramitación de expedientes, sobre todo civís.
A Dirección Xeral de Xustiza debe rectificar e designar unha persoa de reforzo para esta órgano xudicial, canto antes, non valen excusas, non teñen sentido mais demoras, non hai outra saída efectiva ata que se faga un cuarto xulgado, deixense de enredar e solucionen un problema que levan lustros sen querer solucionar.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras