jueves, 12 de agosto de 2021

Probas de autodiagnóstico da COVID. En caso de dúbida chama ao teléfono 900 400 116

A pesar do tempo transcorrido desde o inicio da pandemia , cando temos síntomas compatibles co Covid-19 ou estivemos en contacto cun positivo xórdennos dúbidas de como debemos actuar. Por iso deixámosvos unha serie de consellos do SERGAS as cales esperamos que vos sirvan de axuda:

Persoa con síntomas compatibles con COVID-19 (caso sospeitoso)

Non hai situación na que se recomende o uso de probas de autodiagnóstico ás persoas con síntomas compatibles porque, INDEPENDIENTEMENTE DE QUE O  RESULTADO SEXA POSITIVO OU NEGATIVO , sempre deberán facer illamento e consultar con un profesional sanitario.

As persoas con síntomas compatibles con COVID-19 deberán comezar inmediatamente o illamento domiciliario e pedir cita decontado co seu médico, directamente ou a través do telefono 900.400.116, para que valore o cadro clínico e, se procede, solicite unha proba diagnóstica de infección activa (PDIA).


Asemade, deberá informar ás persoas coas que comparte domicilio, que mentres non se teña o resultado da PDIA deben evitar ás interaccións sociais e permanecer no domicilio o maior tempo posible.

Como realizar o illamento domiciliario

Persoa sen síntomas compatibles con COVID-19

As persoas sen síntomas compatibles con COVID-19 poden realizar unha proba de autodiagnóstico ben na farmacia, baixo a supervisión do farmacéutico, ou ben realizala noutro lugar sen supervisión. Cando se realiza supervisada, o farmacéutico rexistra o resultado da proba e con el emite un Certificado de proba diagnóstica da Consellería de Sanidade.

Resultado positivo: As persoas que obteñan un resultado positivo serán consideradas casos sospeitosos e deberán comezar inmediatamente o illamento domiciliario  e informar ás persoas coas que comparte domicilio de que, mentres non teña un resultado definitivo, deben evitar ás interaccións sociais e permanecer no domicilio o maior tempo posible.

  • As persoas con resultado positivo que realizaron o autodiagnóstico COA supervisión do farmacéutico, recibirán nas seguintes 24 horas unha chamada de Saúde Pública que lle fará unha pequena enquisa e solicitará cita para realizar unha PCR.
  • As persoas con resultado positivo que realizaron o autodiagnóstico SEN a supervisión do farmacéutico, teñen que chamar ao número 900.400.116, que inicia un procedemento semellante ao descrito no parágrafo anterior.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras