viernes, 20 de agosto de 2021

STAJ informa: vacinación COVID menores de idade beneficiarios de MUGEJU

Dende que empezou a vacinación, dende STAJ seguimos pendientes da súa evolución para o colectivo de MUGEJU, tanto para o persoal que xa non está en activo como para os que estades traballando, así como das persoas que tendes como beneficiarias.

A gran maioría do colectivo xa estades vacinados, e agora están a vacinar aos menores que son beneficiarios. Pois ben, ao ser menores, no SERGAS teñen instruccións de non poder xestionar a variación de datos de forma telefónica, como sí fixeron cos nosos casos. 

Como xa sabedes a MUGEJU pásalle os datos dos afiliados (e os seus beneficiarios, que soen ser os mesmos)  ao SERGAS e este comunícase cos mutualistas para indicarlle a data, a hora e o lugar de vacinación, pero  dende STAJ estamos comprobando casos nos que os erros nos datos volcados son preocupantes (teléfonos antiguos, domicilios desfasados, sin teléfonos, etc...). 

Tra-la continua comunicación deste sindicato, escrita e verbal, tanto con responsables do SERGAS como de MUGEJU, a día de hoxe, e con respecto á vacinación dos menores beneficiarios, comprometéronse a arranxar a vindeira semana os datos desactualizados. Mentres, esta é a información que vos facilitamos: 

- Quen teña un menor beneficiario entre os 12 e os 17 anos pendiente de vacinar, recomendamos chamar aos teléfonos de contacto 981.56.95.40 e 981.56.95.90, para verificar que  os datos son correctos.

- De non ser correctos, para trámites co SERGAS habilitáronse os seguintes puntos de antíxenos e atención administrativa (tanto fixos como móbiles) para atender xestións como actualización de datos, chave 365, certificado COVID, etc...  Comprobaredes que os horarios para antíxenos son diferentes que para información e trámites administrativos. Para actualizar datos, están pedindo o DNI do menor, fotocopia do DNI do/da representante legal, fotocopia do libro de familia e a tarxeta de MUGEJU




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras