No DOG de hoxe convócase o curso de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público (incluido persoal de xustiza), traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 horas.
Edicións: tres.
Datas de realización: do 21 de setembro ao 19 de novembro de 2021.
Proba final: o día 19 de novembro ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase ben de xeito telemático a través da aula virtual ou ben de forma presencial descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas. A elección dunha ou outra forma de realización das probas, dependerá da evolución da situación derivada da COVID-19 e será comunicada a través das canles de comunicación do curso coa debida antelación.
Prazas: 100 por edición.
Contido:
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
5. Primeiros auxilios.
6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras