As citas pódense reservar desde as 15:00 horas do día de hoxe ata completar a totalidade das citas dispostas ou ata 24 horas antes dos días designados para a administración da vacina.
Trátase de duas franxas de idade:
- Dende os 12 aos 20 anos: dispóñense de 25.000 citas que pretenden administrar entre o próximo luns e o martes.
- Maiores de 20 anos: póñense a disposición 30.000 citas que se administrarán o venres día 3 de setembro.
Para todos aqueles que queirades tentalo, facilitámosvos esta forma rápida:.
1. Acceder á páxina do SERGAS (sergas.es).
2. Clicamos en Cita Atención Primaria, atópase debaixo da barra do buscador.
3. Neste momento pediranos que nos identifiquemos para poder continuar, no caso de non ter tarxeta sanitaria do SERGAS, podemos facelo usando o numero do DNI, o apelido e a data de nacemento.
4. Entramos en Campañas Promoción dá Saúde ( Solicitude cita vacina COVID).
5. Clicamos en AUTOCITACIÓN VACINA COVID19.
6. Unha vez dentro, seleccionamos un día no calendario e logo a hora.
7. Aceptamos e gardamos.