No DOG de hoxe publícase a convocatoria das xornadas de práctica dixital e-martes que terán lugar os vindeiros martes, 7 e 21 de setembro de 2021 cos seguintes contidos:
As Xornadas de formación práctica dixital (E-martes)
correspondentes ao mes de setembro abordarán o uso de certificados dixitais na
Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
– Uso interno nas administracións públicas: certificados de
empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións
administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
– Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto
Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
A formación constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola.
Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa
Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 7 e 21 de setembro de 2021.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas cada xornada.
Inscrición.
A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Os prazos para a inscrición nestas actividades serán
os seguintes:
• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 7 de
setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata
as 23.55 horas do día 2 de setembro de 2021.
• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 21 de
setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta
resolución no Diario Oficial de Galicia ata
as 23.55 horas do día 13 de setembro de 2021.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.