viernes, 6 de agosto de 2021

Ábrese nova quenda de autocita para xóvenes entre 16 e 21 anos

Ábrese de novo a autocita de vacinación para mozas/os de entre 16 e 21 anos, en total 25.000 dose inxectaranse a próxima semana.

 A Consellería de Sanidade informou que abrirá de novo a autocita para as persoas nadas entre 2000 e 2005; isto é, os mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 21 anos.

As citas pódense reservar desde as 9.00 horas do sábado 7 de agosto ata as 23.30 horas do domingo 8.

 Pódese solicitar na páxina cita. sergas. gal, inclusive sen dispoñer de tarxeta sanitaria , ou
no portal de saúde do Sergas (É- Sáude). Desde o móbil, pódese reservar a través da app Sergas Móbil.

Para todos aqueles que queirades tentalo, facilitámosvos esta forma rápida:.

1.         Acceder á páxina do SERGAS (sergas.es).

2.         Clicamos en Cita Atención Primaria, atópase debaixo da barra do buscador.

3.         Neste momento pediranos que nos identifiquemos para poder continuar, no caso de non ter tarxeta sanitaria do SERGAS, podemos facelo usando o numero do DNI, o apelido e a data de nacemento.

4.         Entramos en Campañas Promoción dá  Saúde ( Solicitude cita  vacina  COVID).

5.         Clicamos en  AUTOCITACIÓN  VACINA  COVID19.

6.         Unha vez dentro, seleccionamos un día no calendario e logo a hora.

7.         Aceptamos e gardamos.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras