Son varios os compañeiros que estes días estades a preguntarnos sobre a proba de antígenos en farmacia, fundamentalmente para aquelas persoas maiores de 13 anos que aínda non puideron vacinarse.
As farmacias empezaron desde este luns dous de agosto a expedir certificados cando unha proba realizada por elas dea negativo. Se é positivo, avisan ao Sergas.
A Xunta de Galicia e os Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia acordaron que sexan as farmacias as que "supervisen e acrediten a validez" das probas, cuxos resultados negativos só terán validez dentro da comunidade e se a súa realización a supervísa un farmacéutico.
Doutra banda, as persoas que opten por realizar a proba na farmacia e que resulten negativos, obterán ademais un documento acreditativo só para aquelas actividades restrinxidas dentro da comunidade que requiran acreditar un negativo para o seu acceso ,fundamentalmente vai dirixido ao lecer nocturno e hostalería
Non é válido como certificado fóra de Galicia, non está contemplado como certificado europeo como si o están os test de antígenos.
Os mutualistas de Mugeju poden solicitar ditas probas nas farmacias acreditadas como calquera outro que teña a tarxeta do SERGAS.
Nas páxinas Web dos Colexios de farmacia existe unha aplicación onde podedes solicitar cita previa e consultar as farmacias que está adheridas ao programa.
Colexio de farmacéuticos de Pontevedra
Colexio de farmacéuticos de A Coruña
Colexio de farmacéuticos de Ourense
Colexio de farmacéuticos de Lugo