martes, 31 de agosto de 2021

Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

O día 13 de agosto publicóuse no DOG a RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2021/22, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.

ESTES CURSOS SON EQUIVALENTES AOS DE LINGUAXE XURÍDICA.

 Recordade que o prazo para a presentación das solicitudes comeza mañá día 1  de setembro ata o 10 do mesmo mes, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

 As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

Deixámosvos a ligazón ao  DOG  de data 13 de agosto de 2021 para ver a publicación   da devandita convocatoria


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras