viernes, 13 de agosto de 2021

Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

Publicase no Dog  a RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2021/22, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.

Os cursos impartiranse entre outubro de 2021 e maio de 2022, en horario de mañá ou de tarde. ESTES CURSOS SON EQUIVALENTES AOS DE LINGUAXE XURÍDICA.


 Solicitudes e prazos de inscripción:  As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

 DOG

Relación de cursos de linguaxe administrativa en liña ofertados:

EOI de A Coruña


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras