As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura
en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa
reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira
dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando
efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación
das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados
operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de
cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren
vacantes ou por ausencia do titular por períodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións
presentarán as súas solicitudes conforme
a Resolucion da DXX novas substitucions dispoñible nos
modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre
titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de
preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que
recollida na solicitude.