martes, 27 de julio de 2021

STAJ SOLICITA PRAZAS DE APARCAMENTO NOS XULGADOS DO EDIFICIO “GOTA DE LECHE”

O edificio denominado “Gota de Leche” alberga na actualidade dous órganos xudiciais,  Xulgado de Primeira Instancia nº 15 (Familia) e Xulgado do Social nº 7.

Pola súa localización ao atoparse preto do Concello de Vigo, en pleno centro da cidade, as posibilidades de atopar aparcamento  son inexistentes.

No devandito edificio xusto á entrada dispón dunha zona delimitada por un valo que atopase  semi-axardinado (mellor dito abandonado) que cunha mínima obra e a un custo mínimo poderíase recuperar e adaptar como aparcamento e así poder dar servizo a estes dous órganos xudiciais, xa que se conseguiría crear sitio para varias prazas de garaxe que, non solucionando o problema completamente, si pode mitigalo e mellorar a situación actual.

Polo que dende STAJ presentamos escrito ante a DXX o fin de que proceda a dar as instrucións oportunas e realizar as xestións necesarias para que dita zona sexa habilitada como aparcamento.

VER ESCRITO COMPLETO
XUSTIFICANTE PRESENTACIÓN

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras