Despois de facerlle ver á Dirección Xeral de Xustiza a problemática existente no Decanato de Betanzos por parte de STAJ, e solicitando que se nomease a persoal de reforzo para o Xulgado Decano de Betanzos (solicitude); no día de hoxe comunícannos dende a Dirección Xeral de Xustiza que vai ser nomeado un funcionarios do corpo de Tramitación procesual e administrativa de reforzo para o referido Decanato, noticia positiva e que nos anima a seguir loitando e reivindicando as carencias de medios persoales e as milloras necesarias de cara a ofrecer un servizo público de calidade alí onde sexa necesario.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras