En maio de 2018 nomeouse
unha persoa de reforzo do corpo de
auxilio xudicial no Decanato de Ferrol. Este nomeamento foi solicitado en
reiteradas ocasións por parte deste sindicato, debido á necesaria creación
desta praza. Concretamente o persoal do Decanato de Ferrol componse dun
funcionario de xestión procesual e outro de tramitación procesual, reforzados á
súa vez por dous funcionarios do servizo de apoio de xestión e tramitación,
pero non existe ningunha praza do corpo de auxilio xudicial, sendo totalmente
imprescindible nunha localidade como Ferrol.
Hai unhas semanas que este
reforzo non se renovou por parte da DXX, co cal cesaron á persoa que ocupaba
dita praza. Cónstanos que a Letrada Decana
puxo en coñecemento da Xunta esta situación, e a súa petición de mantemento e
nomeamento dun novo reforzo para esta praza. Este sindicato, tamén
solicitou en varias ocasións a petición deste reforzo, sen obter resposta
algunha por parte da DXX.
Este reforzo de auxilio xudicial no Decanato de Ferrol é unha necesidade estrutural, non só é necesario durante un momento determinado, vai necesitar ao longo do tempo.
Por todo o exposto, o sindicato STAJ solicita que de forma URXENTE sexa nomeado novamente o reforzo do corpo de auxilio xudicial do Decanato de Ferrol, e que así mesmo sexa consolidada como praza de reforzo e ofértese a titulares no seguinte concurso de traslados.