Dado que a Dirección Xeral de Xustiza únicamente
pon a disposición destos funcionarios unha ferramenta informática de
teleformación dixital que revelouse de todo insuficiente e ineficaz, o habitual é que sexan os
propios compañeiros do Xulgado os que realmente se encarguen de impartir esta
formación, realizando un labor de profesorado mediante a cal proporcionándolles
os coñecementos, habilidades e técnicas necesarias para o normal
desenvolvemento da actividade, encargándose en si, da titorización dos novos compañeiros nas
tarefas que teñen que realizar. Pero este importante labor é realizada de forma
voluntaria e non remunerada, cun traballo extra que acarrea un impacto negativo
para as funcións ordinarias da persoa ou persoas que están a formar e que non é
recoñecido pola Administración debido a que actualmente non está remunerado.
A Administración non pode seguir aproveitándose do traballo docente realizado polos funcionarios de Xustiza de forma gratuita e que reporta un indubidable beneficio e
sen o cal a adaptación dos funcionarios que están nas circunstancias
mencionadas sería moito máis lenta e polo tanto menos eficaz.
Pese as reiteradas ocasión nas que dende STAJ levamos solicitando que
se recoñeza o traballo de formación que fan os compañeiros mediante un sistema
remunerado a Dirección Xeral de Xustiza mantense na sua pasividade para impleméntalo
polo que reiterámolo novamente mediante presentación de escrito no que
solicitamos o desenvolvemento dun Plan de Formación Individualizada remunerado
e voluntario para a formación de funcionarios da Administración de
Xustiza en Galicia que carezan dunha suficiente experiencia previa na orde
xurisdicional para o cal foron nomeados.
VER ESCRITO COMPLETO PRESENTADO ANTE A DXX