miércoles, 23 de junio de 2021

STAJ reitera un reforzo para o Penal 2 de Ourense

Dende decembro do ano pasado a pendencia dos xulgados do penal de Ourense aumentou en mais dun punto e a taxa de conxestión pasou de un 1,65% no ano 2020 a o 2,83% no primeiro trimestre do ano 2021. Con esta situación, en decembro do 2020 decidiron prescindir dunha persoa no Penal 2.  A día de hoxe aínda non se nomeu a ninguén a pesares destas cifras.

STAJ presentou escrito o 9 de decembro solicitando o nomeamento dun reforzo e onte reiteramos o nomeamento dun reforzo urxente para este xulgado. Tamén se presentou solicitude de reforzo pola propia  LAJ do Penal 2, sen resposta. 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras