Si se se tenta conseguir o certificado en FORMATO DIXITAL tanto en e-saude como en Pass Covid (aplicación similar á anterior para móbil) lembrade que é necesario ter instalada chave 365 (preme aquí para pedir a alta en chave de forma telemática ou presencial) e dar autorización. Esta autorización pódese facilitar tanto no momento da vacinación como en calquera centro de saúde de forma presencial.
Nos servizos de Atención
ao Paciente, que existen en determinados centros santarios (hospitais, etc) tamén se están facilitando estes certificados.
Tamén coñecemos casos de expedición do código de acceso e mesmo do propio certificado no momento da vacinación dándolle a coñecer ao persoal de control a nosa afiliación á MUGEJU, atendendo de de inmediato o persoal administrativo presente no centro de vacinación que ben che facilita o código para obter o certificado ou che facilita directamente o certificado impreso, esto cónstanos que está a pasar en varios centros de vacinación.