Hoxe publícase no DOG a convocatoria polo sistema de concurso específico para a provisión dun posto de traballo singularizado vacante na Fiscalía Provincial de A Coruña.
O prazo de solicitudes é de 10 días naturais a contar a partir de mañá venres.
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, rúa Madrid, 2-4, 2º andar, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou nas oficinas a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os méritos específicos, correspondentes á segunda fase do concurso, deberán ser xustificados documentalmente mediante os pertinentes títulos académicos ou diplomas, así como mediante certificados ou calquera outro medio de proba admisible en dereito.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras