Publicouse
no Dog a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a
obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano
2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021 (código
de procedemento PL500C).
As datas e lugares son os seguintes:
Celga 4, en Santiago
de Compostela e en Ponferrada:
22
de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por
algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E e F.
23
de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por
algunha das seguintes letras: G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ e O.
29
de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por
algunha das seguintes letras: P, Q, R, S, T, U, V, W e X.
Celga 2, en Santiago de Compostela e en
Ponferrada:
30
de maio de 2021, para todas as persoas admitidas.
Celga
3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
5
de xuño de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por
algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J e K.
6
de xuño de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por
algunha das seguintes letras: L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.
Celga
1, en Santiago de Compostela:
12
de xuño de 2021, para todas as persoas admitidas.