Publicada no BOE do día de hoxe a
Resolución do 5 de abril de 2021, da 
Subsecretaría, pola que se publica o Convenio entre a  Mutualidad Xeral de Funcionarios Civís do
Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas, a  Mutualidad Xeral Xudicial e o Servizo Galego
de Saúde, para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios
aos  mutualistas e demais beneficiarios
adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada con dichas  mutualidades.
O Servizo Galego de Saúde, cos
medios de que dispoña nos correspondentes Centros de Saúde que xestiona,
prestará os servizos sanitarios que se detallan na cláusula segunda a todos
os  mutualistas e demais beneficiarios
de  MUFACE,  ISFAS e 
MUGEJU que se atopen adscritos ás Entidades de Seguro concertadas coas
citadas  Mutualidades e que residan nos
municipios de ata 20.000 habitantes que se relacionan nos anexos I e II da
resolución.
En todos os municipios de ata
20.000 habitantes relacionados no anexo II atenderanse os servizos sanitarios
de urxencias, que serán prestados nos correspondentes Centros de Atención
Primaria ou Consultorios dependentes do SERGAS.
Quedan tamén comprendidos neste
Convenio a prescrición de medicamentos e demais produtos farmacéuticos nas
receitas oficiais de  MUFACE,  ISFAS e 
MUGEJU, a formalización dos informes que sirvan de base á declaración de
Incapacidade Temporal nos modelos oficiais de cada unha das  Mutualidades e a prescrición de probas ou
medios de diagnóstico en volantes comúns, que deberán ser tramitados polos
beneficiarios ante a súa respectiva Entidade de Seguro de Asistencia
Sanitaria, na forma establecida por esta.
Contraprestación económica. 
A contraprestación económica
polos servizos sinalados por cada persoa que, como titular ou beneficiario,
estea afiliada ás  Mutualidades e resida
nos municipios recolleitos recóllese na resolución que podedes consultar na
seguinte ligazón: