viernes, 16 de abril de 2021

EGAP,cursos de riscos laborais obligatorios para xustiza

No Dog de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2021 pola que se convocan cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais.

Os cursos convocados teñen carácter obrigatorio para o persoal indicado na base primeira, salvo para aquelas persoas que xa o realizasen coa EGAP con anterioridade á data desta resolución.

Deberá participar:

O persoal ao servizo da Administración de xustiza que non realizase con anterioridade este curso de formación, así como aquel con destino nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz das provincias de Lugo e Ourense que estea en situación de servizo activo .

 Solicitudes

 O prazo de presentación de solicitudes será de dez días desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba

Ver Resolución Dog


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras