Ante a desinformación que existe no colectivo das funcionarias e funcionarios da Administración de Xustiza , no marco da estratexia nacional de vacinación e tendo en conta que as Comunidades Autónomas están a adoptar medidas en función de distintos criterios priorizando a determinados colectivos respecto de outros que foron acordados a nivel nacional polo Ministerio de Sanidade, STAJ, remítelle esta solicitude o Consellerio de Sanidade .
Os funcionarios da Administración de Xustiza constitúen un dos servizos esenciais da Comunidade , polos seguintes motivos:
Na primeira declaración do estado de alarma, a Administración de Xustiza, foi considerada servizo esencial, manténdose abertos Xulgados e Tribunais en todo momento, inclusive nos peores momentos da primeira onda para garantir precisamente eses dereitos aos que fixemos referencia. Iso dá mostra da relevancia das súas funcións. Lembremos a infinidade de resolucións do Ministerio de Xustiza, Consello Xeral do poder Xudicial , TSJX de Galicia , Dirección Xeral de Xustiza , todas ellas insistindo na necesidade do mantemento do servizo por consideralo esencial.
Por todo o anterior e por as especiais circunstancias nas que se desenvolve o traballo do funcionariado de Xustiza, o servizo esencial que prestan, e en moitas ocasións, a obrigación que teñen, en cumprimento do seu deber, de estar próximos a persoas que puidesen ser portadoras da infección por COVID 19, xustifican sobradamente a necesidade de que reciban un trato singularizado e preferente dentro da estratexia de vacinación.
Sen embargo , nada sabemos acerca das datas ou as estratexias que se seguen en referencia ao funcionariado da Administración de Xustiza, en orde a esa prioridade na vacinación á que aludimos , e consideramos un despropósito que se nos catalogue dentro dos GRUPOS XERAIS da poboación e non nun grupo específico de risco.
Que de forma prioritaria e urxente inclúase ao funcionariado da Administración de Xustiza dentro do Grupo 6 da Estratexia de vacinación fronte a Covid-19 establecido polo Ministerio de Sanidade, polo carácter de servizo esencial que presta esta administración na que, ademais sófrese un elevado risco de exposición pola alta presenza diaria de cidadáns e profesionais en todas as sedes xudiciais .