Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicataria/o de praza nas escolas infantís 0-3:
a) Que a nena ou o neno xa nacese no momento da presentación da solicitude.
b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2021. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
c) Respecto daquelas familias que xa escolarizasen outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede A Galiña Azul, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.
A orde e adxudicacion ven regulada nos enlaces que seguen a continuación.
Escolas dependentes do Consorcio
Escolas dependentes da AGSS para persoal da Xunta