Convocase , en
colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da
Secretaría Xeral de Política Lingüística, un curso superior e un curso medio de
linguaxe xurídica galega, cuxas bases, características e contido detallamos:
O número de prazas de cada
curso será de 25 por edición.
Os cursos van dirixido a maxistrados/as, xuíces, fiscais, secretarios/as xudiciais, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución se atopen en situación de servizo activo (incluído permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, e non son admisibles outras formas de solicitude.
As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na
EGAP no enderezo da internet <https://egap.xunta.gal/matricula> unha vez
que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de
seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán
facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil.
No prazo de presentación
de solicitudes establecido as persoas solicitantes deberán
achegar por correo electrónico ao enderezo <xestion.egap@xunta.gal>,
xunto cunha copia do formulario de solicitude,
con toda a documentación requerida.