miércoles, 3 de febrero de 2021

Campaña de vixiancia da saúde 2021: inscrición

Publicado na intranet

Saíu publicada no DOG a Resolución do 28 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2021 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento dispoñible na Opax. (hoxe aínda no está operativo o formulario).

O prazo de inscrición rematará transcorridos 3 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Os resultados da vixilancia da saúde serán subscritos polo/a facultativo/a competente  e farase preferiblemente de forma telemática a cada traballador/a.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras