A Secretaría Xeral de Política
Lingüística anunciou no DOG de hoxe a convocatoria de cursos preparatorios para as probas
Celga, de niveis 1, 2 3 e 4, tanto presenciais coma en
liña.
Trátase de catro cursos presenciais de nivel 4 na Coruña,
Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo e de dous cursos presenciais de nivel 3
en Lugo e Pontevedra. A formación en liña abrangue 27 cursos dos catro niveis
convocados.
Todas estas actividades formativas terán lugar entre o 15 de marzo e o 6 de maio de
2021.
As solicitudes deberán facerse preferentemente por medios electrónicos, unicamente se admite unha solicitude por persoa e o prazo é de 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no DOG.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras