A
pesares de que o sindicato SPJ-USO,
unha vez máis, con total e temerario desprezo a verdade e a intelixencia,
utilizando a mesma estratexia oportunista que leva anos practicando de apropiarse dos
logros, traballo e informacións dos demáis, anunciou onte nunha nota
informativa, elaborada con suma rapidez, que conseguiron que a DXX conceda un día
adicional por estar de garda de dispoñibilidade os días 24 e 31 de decembro,
nota que comenzaba coa socorrida frase que teñen para estas ocasións, “Tralas múltiples
xestións realizadas por este sindicato en exclusiva….”, deixando de novo a un
lado o sindicalismo decente, honrado, leal e responsable en pos dunha mísera
ventaxa electoral….. o certo é que a Dirección Xeral de Xustiza comunicounos
por teléfono onte, se ve que a eles tamén, que trala Sentenza xudicial
estimatoria gañada por STAJ a primeiros deste ano procederán á concesión dun día máis de asuntos particulares por estar de
garda de dispoñibilidade os días 24 e 31 de decembro, de tal maneira que non
poñerán obstáculos á súa concesión.
Como
consecuencia diso a DXX deu instrucións a toda as Delegacións a fin de que se
conceda un día máis de permiso por asuntos particulares aos funcionarios que
estean de garda os días 24 ou 31 de decembro, tanto nos xulgados de instrucción das
distintas localidades de Galicia como nas Fiscalías, con independencia de que a
garda sexa de dispoñibilidade ou permanencia.
Como
xa vos informamos no seu día, poñemos enlace a noticia do día 20 de xaneiro, STAJ gañou unha sentenza en vía
contencioso administrativa trala demanda presentada no nome dunha traballadora que
realizou unha garda de dispoñibilidade o dia 31 de decembro. Despois de
presentar, durante varios anos consecutivos, escritos reclamando o devandito
dereito sen que a Xunta contestáse favorablemente, STAJ presentou varias
demandas en xaneiro de 2019 contra a resolución que denegaba a petición de varios
compañeiros e o xulgado do contencioso-administrativo deunos a razón en todas as
alegacións realizadas na demanda.
Trátase
da Sentencia 1/2020 dimanante do PA 78/19, de 13 de xaneiro do 2020 (Xulgado
Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense) que declara o dereito da traballadora a disfrutar do correspondente día de asuntos particulares
solicitado, deixando claro o dereito ao goce dun día adicional por estar de
garda de dispoñibilidade o día 24 ou 31 de decembro, sen máis esixencias que
estar de garda de dispoñibilidade, sen necesidade de ter que acudir ao xulgado
por mor da garda, sempre que non coincidan en sábado ou domingo, tal e como a
normativa vixente o dispon pero que por irracionais motivos negánbanse a
conceder.
Esta
sentenza vincula a DXX e por ela, e solo por ela, vese obrigada á concesión dos
devanditos días de asuntos particulares. Por isto, e por nada máis, a DXX
cambía o criterio de non concesión que viña mantendo ata o
de agora, véndose obrigada a concedelos, se non quere pagar as custas dos
centos de procesos que ía a perder fundamentados na sentenza conseguida polo
servizos xuridicos de STAJ, en reclamación deses dereitos.
VER SENTENZA COMPLETA GAÑADA POR STAJ
Deixamos a continuación enlace ás últimas solicitudes presentadas por STAJ perseguindo ante a DXX a consecución do dereito agora recoñecido por mor da sentenza.
Ver nota informativa do 23 de decembro do 2019