jueves, 17 de enero de 2019

Día adicional de permiso por asuntos particulares por estar de garda o 24 ou 31 de decembro do 2018

STAJ solicita que pola Dirección Xeral de Xustiza se recoñeza e se conceda  o día adicional en concepto de permiso por asuntos particulares os/as traballadores/as que estiveron de garda nos xulgados de Galicia os días 24 e 31 de decembro do 2018.

A Resolución do 8 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia e igualmente e no mesmo sentido a ORDE do 18 de xuño de 2014 sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2014 dispoñen claramente e de forma textual que Os funcionarios que estean de garda o día 24 de decembro ou o día 31 de decembro, agás que coincidan en sábado ou domingo, terán dereito a un día máis.”

Por tanto, o persoal que estivese de garda os días 24 e 31 de Decembro do ano 2018 ten dereito a un día máis en concepto de permiso por asuntos particulares, ao cumprirse a única condición de non coincidir en sábado nin en domingo. Ningunha das dúas normas fai distinción entre garda de permanencia e de dispoñibilidade, nin esixe que na garda de permanencia se deba asistir de forma efectiva ao xulgado, polo tanto debe concederse ese permiso a todo o persoal que estivese de garda en cada un dos partidos xudiciais de Galicia, como xa se fixo no ano 2015, último ano que  esas datas coincidieron en día de semana. Igualmente facemos constar que  ademáis de afectar aos compañeiros  dos Xulgados de Instrucción e Xulgados Mixtos, tamén afecta aos funcionarios das Fiscalías e aos Médicos Forenses de garda.

Poñemos a vosa disposición no seguinte enlace escrito para presentalo ante a  DXX facendo a petición persoal.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.