No DOG de hoxe públícase a RESOLUCIÓN do 5 de novembro de
2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados
para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de
Medicina Legal de Galicia, para o corpo de médicos forenses.
A presente convocatoria ten por obxecto a provisión, por
concurso de traslados, dos postos de traballo xenéricos vacantes incluídos nas
relacións de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia.
En todo o non previsto concretamente na presente convocatoria nin na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, nin no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aplicarase o disposto na lexislación xeral sobre a función pública.
Poderán tomar parte neste concurso os funcionarios de
carreira pertencentes ao corpo de médicos forenses, calquera que sexa o ámbito
territorial en que estean destinados, que reúnan as condicións xerais exixidas
e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo
de presentación das solicitudes de participación e os manteñan ata a resolución
definitiva do concurso.
As solicitudes para tomar parte neste concurso deberanse
axustar ao modelo publicado como anexo II desta resolución, do cal se deberán
cubrir todas as epígrafes que se lles exixan e deberanse presentar no prazo dos dez días hábiles seguintes ao da
publicación simultánea da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado e
mais no Diario Oficial de Galicia. Estas solicitudes dirixiranse á
Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, e presentaranse no Rexistro Xeral da
Xunta de Galicia, situado no edificio administrativo de San Caetano, s/n,
15781, Santiago de Compostela.