Prazas ofertadas –Petición servizo público de emprego
Este mércores 18 de novembro de 2020 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas ofertadas do corpo de tramitación procesual e administrativa por non existir ningunha persoa na bolsa de traballo nin na bolsa de reserva dese corpo.
As prazas ofertadas son:
DECANATO-SERVIZO COMUN NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS PONTEVEDRA | CTPA | IT DO/A TITULAR |
XDO. PRIM. INST. E INSTR. Nº 1 MARIN | CTPA | IT DO/A TITULAR |
Ofrecidas as prazas ás persoas integrantes da bolsa do corpo inmediatamente superior segundo o establecido no capítulo 2, artigo 6º, punto 5 da ORDE do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, a praza do Decanato- SCNE de Pontevedra foi aceptada por unha persoa integrante da bolsa de xestión, a outra praza non foi aceptada.
Ao non existir tampouco ningunha persoa disponible no corpo de auxilio xudicial nin ningunha persoa baremada fóra da bolsa, acudirase para cubrir o posto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Marín, ao Servizo Público de Emprego da Comunidade Autónoma.