No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN
do 10 de novembro de 2020 pola que se convocan cursos de formación de carácter
obrigatorio en prevención de riscos
laborais nas tarefas de tipo administrativo, dirixidos ao persoal ao
servizo da Administración de xustiza con destino no partido xudicial de
Pontevedra e nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz
da provincia de Pontevedra (agás
Vigo, onde xa se realizou).
Requisitos
dos participantes:
Deberá participar nas
actividades formativas convocadas nesta resolución: O persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino no partido xudicial de Pontevedra e nos
xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia de
Pontevedra que estea en situación de servizo activo e que reúna os
requisitos establecidos nesta convocatoria.
Solicitudes:
-O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao
da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 18 de novembro de 2020.
As solicitudes de
participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática
dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00
horas do 12 de novembro e ata as 23.55 horas do 18 de novembro.
-As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información
complementaria serán atendidas a
través dos números de teléfono da EGAP: 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do
enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
Realización
de probas:
-As
probas de avaliación finais serán on line nas datas que se
establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da
plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.