viernes, 23 de octubre de 2020

Rexistros civís: cita previa


Onte,  na sede do Rexistro Civil de Santiago de Compostela, impartiuse  o curso de formación para a utilización da cita previa. Unha vez instaurado o sistema en Lugo e Pontevedra, súmase tamén Santiago de Compostela a lista de rexistros civís que ao longo do mes de outubro implantan a cita previa, á falta de Ferrol (26/10/2020) e Ourense (28/10/2020), que como se veu informando neste blog, supón un gran avance para a modernización dos Rexistros Civís á hora de expedir certificacións de  nacemento, matrimonio, defuncións, etc… 

Con esta nova aplicación, a cidadanía poderá reservar a súa quenda tendo a certeza de que pode realizar os seus trámites sen aglomeracións e acceder ao Rexistro Civil sen desprazamentos innecesarios, como se viña producindo  ata o de agora, que conlevaba u unha concentración de persoas nos devanditos órganos xudiciais, co risco que iso conlevaba tanto para o persoal como para o público.

Con respecto ás condicións de traballo do persoal que presta servizos nos Rexistros Civiles de Galicia, a implantación da cita previa axuda a xestionar mellor o estrés, a carga de traballo, atención ao público, podendo organizarse de xeito mais razoable, ao ter a certeza dos asuntos que se van tratar ese día, pero dende o STAJ sabemos que aínda hai moita marxe de mellora.

A cita previa solicítase a través da páxina web www.xustiza.gal ,seguindo os seguintes pasos:  


Sabemos que este é un pequeno paso para a modernización dos Rexistros, pero para todo o persoal que presta servizos nos xulgados de paz, rexistros adscritos aos xulgados e os rexistros civis exclusivos, dende STAJ seguiremos traballando para que melloredes nas vosas condicións.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras