Saíron publicados, con data do 29 de outubro de 2020, novos
avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante
substitución entre titulares.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en
substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá
solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais
que estea en situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo.
Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un
dos apartados operarán os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de
traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por
ausencia do titular por períodos de longa duración.
Os/As
interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme o
anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado dedicado ás
substitucións entre titulares. No caso de que se soliciten varias das prazas
ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta, de corresponderlle máis dunha
das prazas, será a recollida na solicitude
Ver resolución
Modelo solicitude
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras