miércoles, 16 de septiembre de 2020

STAJ INFORMA: Rexistro Civil. O Congreso aproba a toma en consideración da modificación da Lei 20/2011

O Pleno do Congreso dos Diputados aprobou o pasado martes a toma en consideración da Proposición de Lei pola que se modifica a Lei 20/2011, do Rexistro Civil, presentada polo Grupo Parlamentario Socialista, iniciándose así a súa tramitación parlamentaria.

Soprende a este sindicato os xiros dos políticos. Neste caso, do grupo socialista, que propón unha Lei que coincide en esencia na estructura e demarcación do Rexistro Civil con outra proposición presentada polo Grupo Popular hai agora dous anos e media e cuxa toma en consideración foi rexeitada, curiosamente, polos votos en contra do Grupo Socialista, que agora sí presenta unha proposta  coincidente coa anteriormente rexeitada. Aquela proposición foi previamente tratada polo Ministerio con STAJ e o resto de sindicatos presentes na mesa sectorial de Xustiza e, ainda que existia discrepancia nalgúns dos seus puntos, -sobre todo relativo á situación dos Rexistros Civiles nos Xulgados de Paz, que non se aclaraba-, coincidía bastante coas propostas que no seu momento realizou STAJ.

A actual proposición non foi obxecto de negociación previa cos sindicatos, pero STAJ  sí remitiu ao actual equipo ministerial a súa posición ao respecto (tal e como vos informamos no seu día). Esta nova proposición, como a anterior, a pesares de non ser obxecto de negociación previa cos sindicatos, mantén en liñas xerais a estrutura actual das oficinas do Rexistro Civil, que pasarán a denominarse Oficinas Xerais de Rexistro Civil, unha en cada población, cabeza de Partido Xudicial, e atendendo a determinadas circunstancias relativas á distribución de poboación, tamén os Xulgados de Paz que así se determine. Xunto a estas Oficinas Xerais, existirá unha Oficina Central e as Oficinas Consulares, que substituirán, respectivamente, ao Rexistro Civil Central e aos Rexistros Consulares.

En canto ao persoal, tal e como STAJ esixiu no seu día, mantense servido por persoal ao servizo da Administración de Xustiza, manténdose o persoal que actualmente ten asignadas as funcións de Rexistro Civil. Todo isto, á espera da elaboración das RPT, que haberán de negociarse no seu momento e deberán seguir os criterios establecidos na LOPX para as relacións de postos de traballo da Oficina Xudicial.

Dende STAJ non imos deixar de loitar pola permanencia dos Xulgados de Paz,  e as próximas semanas retomaremos as rondas de contactos cos Grupos Políticos para poder lograr limar aqueles aspectos ainda no aire, por exemplo a situación das Oficinas dos Rexistros Civiles. 


Preme aquí para acceder á proposición de Lei


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras