martes, 21 de julio de 2020

PUBLICADA A CONVOCATORIA DE COMISIÓN DE SERVIZO DE PRAZAS DE NOVA CREACIÓN EN FISCALÍA

Publicada na intranet  no dia de hoxe a Resolución do 20 de xullo de 2020 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se ofertan en comisión de servizos postos vacantes de nova creación entre persoal funcionario dos corpos de Xestión procesual e administrativa, e Tramitación procesual e administrativa en distintas Fiscalías da Comunidade Autónoma de Galicia


As prazas ofertadas son as seguintes:
Corpo de xestión
  • Fiscalia Provincial de A Coruña
  • Fiscalia de Área Vigo 
Corpo de tramitación procesual e administrativa:
  • Fiscalia Provincial de A Coruña
  • Fiscalia de Área Vigo - 2 vacantes
  • Fiscalía de Área de Santiago de Compostela - 2 vacantes

SOLICITANTES:

Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais,os funcionarios de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que se atopenen situación de servizo activo no mesmo corpo do posto que se convoca, e que no prazo depresentación de solicitudes leven prestando como mínimo seis (6) mesesde servizos no postodende o que participa, xa sexa provisional ou definitivo.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN:

O prazo de presentación de solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir dodía seguinte ao da publicación desta convocatoria na Intranet de Xustiza.(http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,Administracións Públicas e Xustiza (http://cpapx.xunta.gal).Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a travésdo formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza(OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

A persoa solicitante deberá ter un usuario rexistrado na OPAX. Para o suposto de non contarco usuario, deberán solicitar as credenciais para o acceso ao sistema OPAX premendo noenlace dispoñible “convocatoria de comisións de servizo”.

En caso de precisar axuda podrán dirixirse  á Dirección Xeral de xustiza, ao número de teléfono 981546219 ou a través do correoelectrónico servicio.persoal.xustiza@xustiza.gal

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

A adxudicación das comisións de servizos farase segundo a orde de preferencia fixada por cadasolicitante na súa instancia e con base na maior puntuación obtida tras se aplicaren os mesmoscriterios ca nun concurso de traslados: antigüidade e nivel de coñecemento da lingua galega.

En caso de empate, acudirase ao escalafón.

INFORME:

Para cumprir co previsto no artigo 73 do Real decreto 1451/2005, as solicitudes irán acompañadas co informe, preceptivo e non vinculante, da persoa responsable do órgano,servizo ou unidade en que se atope destinado o persoal funcionario solicitante. No caso de queo órgano correspondente non emita informe, entenderase que este é favorable, sempre que ointeresado acredite que o solicitou.

Ademais, para o caso de que o destino da persoa solicitante radique fóra da ComunidadeAutónoma de Galicia, esta deberá presentar, xunto coa solicitude, o informe favorable doMinisterio de Xustiza ou órgano competente da comunidade autónoma respectiva. De non serposible, deberá presentar acreditación de que efectivamente o solicitou.


Enlace a páxina da Consellería

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras