viernes, 5 de junio de 2020

SUSPENSION TEMPORAL NAS NOVAS LISTAS DE INTERINOS

Ante a recente publicación das bolsas de interinos na CCAA de Galicia e a súa entrada en vigor o día 2 de xuño de 2020, debemos recordar os que forman parte delas o contido do artigo 16.3 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia:

3. En todos os supostos relacionados no punto anterior, bardante do caso previsto na letra a), a persoa interesada deberá ter solicitada e autorizada a suspensión de chamamentos con anterioridade a que estes se produzan, para o cal deberá presentar ante a xefatura territorial correspondente a documentación acreditativa necesaria. Así mesmo, cando desapareza a causa, a persoa interesada comunicarallo á xefatura territorial no prazo máximo de cinco días hábiles para a súa reincorporación ao seu posto na bolsa respectiva. Esta reincorporación producirase de modo efectivo o día seguinte hábil ao da recepción da solicitude. Sen prexuízo do anterior, as persoas en situación de suspensión temporal previstas nas alíneas a) [Incapacidade temporal xustificada mediante parte de baixa médica, ou documento similar, expedido por un facultativo da Seguridade Social que acredite a situación de incapacidade o día en que se produce o chamamento] e f) [ Actividade profesional, no sector público ou privado. Neste caso o dereito á suspensión do chamamento só se poderá exercer unha vez] deberán acreditar cada tres meses que persiste a situación que xustificou a suspensión; de non o faceren, serán expulsadas da bolsa, o que se lles comunicará mediante o sistema de notificación electrónica.
Os efectos da suspensión produciranse desde o décimo día natural seguinte ao da presentación da correspondente solicitude ante a xefatura territorial; momento en que, de non ter denegada expresamente a súa solicitude, entenderase autorizada.”
Así, visto o contido do presente artigo, recordamos que no caso de solicitar a suspensión temporal nestas bolsas por IT ou por actividade profesional no sector publico ou privado , deberase acreditar trimestralmente e mediante notificación a Delegación correspondente o mantemento desta situación, que no caso de non facelo, procederiase a EXPULSIÓN das listas.
Ademais, é de suliñar que SÓ SE PODERÁ PEDIR UNHA ÚNICA VEZ A SUSPENSIÓN TEMPORAL PARA O CASO DA ACTIVIDADE PROFESIONAL NO SECTOR PÚBLICO OU PRIVADO, polo que unha vez pedido o levantamento de tal suspensión non caberá solicitar outra polo mesmo motivo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras